Convocatoria para la contratación laboral temporal de docentes para cursos AFD/2018 (2ª convocatoria)
06/11/2018
OFERTA FORMATIVA: CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 3
14/11/2018
Amosalo todo

Xornada de presentación da FEIRA EXPO ANTAD & ALIMENTARIA MEXICO 2019. O mercado agroalimentario mexicano

A Xunta de Galicia, a través do Igape, e en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña, ANFACO, o Consello Regulador da D.O. Rías Baixas e o Consello Regulador da D.O. do Ribeiro, traballan na participación agrupada na Feira Expo ANTAD & Alimentaria México, referente da industria de alimentos e bebidas do mercado mexicano e porta de acceso ao continente americano, que se celebrará no recinto feiral Expo Guadalajara – México, do 5 ao 7 de marzo de 2019.

Convocatoria FOEXGA da Participación agrupada de Galicia na Feira Expo ANTAD. Cámara de Comercio de A Coruña. Tlf.: 981 216 074

Co obxecto de ofrecer información de primeira man sobre a importancia da feira, así como das especificidades da loxística do produto agroalimentario galego con México, invitamos ás empresas interesadas a participar na seguinte XORNADA DE PRESENTACIÓN da convocatoria:

  • Data: 15 de novembro de 2018
  • Horario: 10 – 12 h
  • Lugar: Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). Rúa de San Lázaro 105, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

 

http://www.igape.es/images/sair-ao-mercado-exterior/Formacion/2018/Xornadas_MEXICO_Loxística_no_Agroalimentario/Programa_Jornada_Antad_gal.pdf

 

http://www.igape.es/es/xornadas?id=107&hm=1