No marco das accións formativas para persoas desempregadas (AFD  da Xunta de Galicia) o Centro de Formación da Mancomunidade de Municipios de Verín impartirá dous certificados de profesionalidade de nivel 3 nos vindeiros meses, nas áreas de Recursos Humanos e Xestión.

Xestión contable e xestión administrativa para auditoría

Curso de 648 horas de duración

Realizarase en horario de tarde no  Centro de Formación da Mancomunidade de Municipios de Verín

Preme a continuación para consultar a ficha da acción formativa:

ADGD0108_ficha

 

Xestión integrada dos recursos humanos

Curso de 808 horas de duración

Realizarase en horario de mañá, no Centro de Formación da Mancomunidade de Municipios de Verín

ADGD0208_ficha

Requisitos de acceso:

Dispoñer dun certificado de profesionalidade do nivel 3 ou de nivel 2 sempre e cando sexa da mesma familia e área profesional que a do certificado de profesionalidade que se solicita.
Ter o título Bacharelato (LOE,LOXE) ou equivalentes, ou titulacións que dean acceso a ciclos de grao superior.
Ter superada a proba de acceso a ciclos de grao superior ou a proba de acceso á universidade.
Ter un título de grao medio e ter superado un curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao superior.

Como inscribirse?

Podes chamar ao 988411314 ou ao 609292518, ou enviar un correo a orientacion.laboral@mancoverin.es