A Xunta de Galicia, en colaboración co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, organiza a xornada Financia Industria, que se celebrará o venres 18 de xaneiro, a partir das 9.30 horas, na Cidade da Cultura (edificio CINC, terceiro andar), en Santiago de Compostela.

No encontro representantes do Igape e do Ministerio analizarán a política industrial e os apoios as pemes, e tamén presentarán os programas de impulso á industria e a transformación dixital 4.0.

 

http://www.igape.es/images/xornadas/XornadaFinanciaIndustriaXaneiro2019.pdf

Máis información e confirmación de asistencia: comunicacion@igape.es