ORDE do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas e proceder á súa convocatoria para o ano 2018 en réxime de concorrencia competitiva.
Liñas de axudas.
1. As axudas obxecto de subvención son as seguintes:
a) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo I desta orde (coníferas).
b) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo II desta orde (frondosas).
Tipos de superficies obxecto de axuda.
1. Poderán ser obxecto de axuda as actuacións naqueles terreos que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como:
– Forestal (FO).
– Pasto con arboredo (PA).
– Pasto arbustivo (PR).
2. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas en todo caso, e no establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia e a normativa de desenvolvemento.
3. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa.
4. Non se concederá axuda sobre parcelas situadas en hábitats definidos como prioritarios pola Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.
5. A cualificación urbanística das parcelas que se vaian forestar deben admitir as actuacións polas cales se solicita axuda.
Beneficiarios
Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, sen que se admita a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.

O prazo de presentación de solicitudes remata o19 de febrero de 2019.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190118/AnuncioG0426-261218-0001_gl.html