ORDE do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.
1. Liñas de axuda integradas polos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, en concreto, os seguintes réximes de axuda comunitarios:
a) Un pagamento básico aos agricultores («pagamento básico»).
b) Un pagamento para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente («pagamento verde»).
c) Un pagamento suplementario para os agricultores mozos que comecen a súa actividade agrícola.
d) Un réxime de axuda asociada:
1ª. Axuda asociada aos cultivos proteicos.
2ª. Axuda asociada aos legumes de calidade.
3ª. Axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices.
4ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de cebo.
5ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite.
6ª. Axuda asociada para as explotacións de ovino.
7ª. Axuda asociada para as explotacións de cabrún.
8ª. Axudas asociadas para os gandeiros de vacún de leite, vacún de cebo e de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pagamento básico.
9ª. Tamén poderá solicitarse calquera outra axuda asociada regulada no título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
e) Un réxime simplificado para os pequenos agricultores.
2. Tamén se inclúen as solicitudes da axuda e/ou do pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, que na Comunidade Autónoma de Galicia son:
a) Prima anual de mantemento das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.
b) Prima anual das axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, da submedida 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.
c) Prima anual das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, da submedida 8.2 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.
d) Prima anual das axudas para o pagamento por compromisos silvoambientais e climáticos e de conservación de bosques, da submedida 15.1 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.
e) Prima anual das axudas de Agroambiente e clima da submedida 10.1 e da agricultura ecolóxica das submedidas 11.1 e 11.2 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude do pagamento.
f) Pagamento a zonas con limitacións naturais das submedidas 13.1 e 13.2 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020: solicitude da axuda e do pagamento.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2019.
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR250A
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190131/AnuncioG0426-220119-0001_gl.html