O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o 21 de xaneiro unha nova convocatoria para acreditar a experiencia profesional dos traballadores galegos. Trátase de 1350 novas prazas e un total de 7 cualificacións.
Como novidade este ano inclúense dúas cualificacións: Docencia da formación para o emprego e Operacións auxiliares de fabricación mecánica.
As 7 cualificacións son as seguintes:
-Atención sociosanitaria persoas no domicilio: 300 prazas
-Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 250 prazas
-Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 225 prazas
-Socorrismo en instalacións acuáticas: 225 prazas
-Tanatopraxia: 150 prazas
-Docencia da formación para o emprego: 100 prazas
-Operacións auxiliares de fabricación mecánica: 100 prazas
O prazo de inscrición é dende o día 22 de xaneiro do 2019 ata o día 11 de febreiro de 2019, ambos incluídos.
Para máis información poden consultar na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no portal de Emprego: http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0146.html
Teléfono: 981546840