RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

Competencias clave que se convocan .

  1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
  • Competencia matemática.
  1. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3, son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.

A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 29 de marzo de 2019.

 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR306A

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190304/AnuncioG0424-260219-0001_gl.html