O programa formativo gratuíto Medrando Xuntas é unha iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino e da Estratexia Galega de Economía Social da Xunta de Galicia. Medrando Xuntas está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno, e ten como finalidade promocionar o talento feminino nestas entidades así como visibilizar as potencialidades da economía social para o seu desenvolvemento profesional.

 

O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras. En ambos os casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias. As novidades desta edición consisten nun adianto en datas, xa que a formación celebrarase no primeiro semestre,  e a incorporación de titorías individuais para as participantes. Así mesmo, contaremos co II Foro participativo aberto a todas as mulleres da economía social galega.

 

 

Toda a información relativa a ambas as dúas formacións pódese consultar nas seguintes ligazóns:

http://www.eusumo.gal/sites/default/files/MEDRANDO_Folleto_Directivas.pdf

 

http://www.eusumo.gal/sites/default/files/MEDRANDO_Folleto_Socias.pdf

 

 

As inscricións poden realizarse a través dos formularios web (para directivas: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf60vdH3IAvJxfOfFTbfESEsVcksKahRtl8g8AJk–ytLvatw/viewform  e para socias https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfv5vQWnGkThErRMxK0Q7QL-8F5FulT9mNz9MJSck9L86V8UQ/viewform ), no enderezo electrónico medrandoxuntas.emprego@xunta.gal ou no teléfono 651 394 409. O prazo para inscribirse remata o 29 de marzo de 2019.