Curso teórico-práctico organizado pola Asociación Monteval sobre poda e enxertos de vides ca seguinte temática:

  • Viticultura ecolóxica
  • Condicións, características e peculiaridades da viticultura no territorio da DO Monterrei
  • Poda dos bacelos (Práctico)
  • Enxertos (Práctico)

A presentación do curso será o 18 de marzo de 2019 as 17:00 e  impartirase no Centro Social de Oímbra, a duración do mesmo será de 20 horas distribuídas en 5 sesións de 4 horas cun marcado carácter práctico.

A inscrición é gratuíta e poderase facer nas oficinas de Monteval, no Concello de Oíbra ou nos teléfonos 988590233 (Monteval) e 988426160 (Concello de Oímbra).

 

https://monteval.gal/curso-de-viticultura/