O día 30 de marzo de 2019 celebrouse o acto de clausura do Obradoiro de Emprego Mocidade da Mancomunidade de Verín III, promovido pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e subvencionado pola consellería de Economía, Emprego e Industria e o Fondo Social Europeo.

Durante o ano 2018 e 2019 tivo lugar este obradoiro destinado á xuventude no que participaron 15 mozos e mozas e tiveron a oportunidade de especializarse en dúas áreas, axuda no fogar e dinamización de actividades de tempo libre educativo, ambos certificados de profesionalidade de nivel 2.

O acto acudiron, José Luis Suárez Martínez o presidente da entidade, os representantes dos diferentes concellos que integran a Mancomunidade , Santiago Álvarez, o Xefe Territorial da Consellería de Economía Emprego e Indústria, Rodrigo de Luis Francisco, xefe do servizo.

Poñemos fin a este proxecto de formación e emprego para a xuventude, agradecendo o gran traballo que realizou esta mocidade na nosa comunidade e desexándolles moita sorte na súa vida profesional.