RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2019 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Emprende).

Obxecto

Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape para novos emprendedores e convocar para 2018 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG406F).

A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 1420, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante.

Proxectos obxecto de apoio

  1. Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.
  2. Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben que, aínda desempeñando unha actividade económica por conta propia no momento da solicitude de axuda, tanto a alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) coma o alta censual non superen os 42 meses na data de presentación da solicitude de axuda. Os autónomos societarios non teñen a condición de novo emprendedor.
  3. Considérase nova peme, para os efectos destas bases, aquela en que tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.
  4. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
  5. a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
  6. b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
  7. c) Os custos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

 

O prazo de presentación de solicitudes para a primeira convocatoria remata o o 27 de xuño de 2019, o da segunda convocatoria comeza o 28 de xuño de 2018 e remata 18 de outubro de 2019.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190417/AnuncioO92-030419-0001_gl.html