Orde do 3 de abril de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciada polo PO FSE Galicia 2014-2020 e a formación das mulleres desempregadas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2019.

Coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxas e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á súa convocatoria para o 2019 dos incentivoas á súa contratación por conta allea.

Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e a formación (procedemento TR350A).

Inclúense dous tipos de axudas compatibles:

  • Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención á contratación indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración mínima de 12 meses, á transformación de contratos temporais en indefinidos que deberán de ser a tempo completo, e no caso de contratos indefinidos a tempo parcial nos que será subvencionable o incremento de xornada que deberá de acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.
  • Bono de formación (opcional) dirixdo ás mulleres contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento da xornada e transformación.

Solicitudes e prazos

As solicitudes de axudas subvencionables polas contratacións indefinidas iniciais, as contratacións temporais dunha duración mínima de 12 meses, as transformacións de contratos temporais en indefinidos e o incremento da xornada laboral realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e o 25 de abril de 2019, deberán presentarse antes do 26 de xullo de 2019.

As solicitudes de axudas subvencionables polas contratacións indefinidas iniciais, as contratacións temporais dunha duración mínima de 12 meses, as transformacións de contratos temporais en indefinidos e o incremento da xornada laboral realizadas desde o 26 de abril deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte a data en que se inicie a relación laboral, a transformación do contrato e o incremento laboral.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2019, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.

 

Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis.

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190425/AnuncioG0424-080419-0011_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR350A