ORDE do 19 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR341Q).
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:
1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.
2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.
b) Ter a empresa unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na última declaración realizada.
c) Ter a empresa unha base impoñible no imposto de sociedades da última declaración realizada inferior a 30.000 euros. No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF.
3. Quedan excluídos desta orde:
a) Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea, conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.
b) As persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas (código de procedemento TR341Q) nalgunha das dúas anteriores convocatorias.
Subvención do bono das persoas autónomas
1. Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade por subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.
2. Esta axuda terá dúas liñas de actuación:
Liña 1 mellora da competitividade a través de servizos (artigo 7.2).
Liña 2 mellora da competitividade a través de investimentos (artigo 7.2).

O prazo para presentar as solicitudes remata o 2 de agosto de 2019.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190702/AnuncioG0424-210619-0010_gl.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341Q&ano=2019&numpub=1&lang=es