LinkedIn tornou nos últimos anos nunha ferramenta ao mesmo que unha canle imprescindible no mercado laboral. Tanto para persoas que están en proceso de procura de emprego como para profesionais consolidadas que utilizan a rede para manter nutrida a súa rede de contactos, LinkedIn virou a maneira de buscar traballo, poñendo no centro do proceso a marca profesional das persoas e as redes profesionais.

Neste taller, dirixido fundamentalmente a persoas estudantes de últimos cursos (graos, cliclos…) e persoas desempregadas en xeral, o obxectivo será identificar aquelas competencias profesionais que configuran a marca profesional única e aprender a comunicalas e sacarlle o máximo partido na rede social profesional LinkedIn.

O taller será impartido pola Orientadora Laboral da Mancomunidade de Municipios de Verín.

Inscricións:

Para asistir ó taller é preciso chamar ó Servizo De Orientación Laboral da Mancomunidade de Municipios de Verín 988 411314  ou enviar un correo a orientacion.laboral@mancoverin.es

Datas e horario:

Mércores 4 de setembro, ás 10:00. Duración: dúas horas.

Lugar: Verín- aula por confirmar.