ORDE do 14 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR342A).

A orde recolle un programa de incentivos pola contratación, formación e emprego con apoio (TR342A) con tres tipos de bonos compatibles regulados no capítulo II:

  1. a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial, a temporal cunha duración mínima inicial de 3 meses e a transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo ou a tempo parcial das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
  2. b) Bono de formación, dirixido ás persoas traballadoras cunha contratación indefinida inicial ou temporal mínima de 6 meses, beneficiarias do bono de contratación, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
  3. c) Bono de emprego con apoio, que consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo, en condicións similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempeñan postos de iguais características.

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2019.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR342A&ano=2019&numpub=1&lang=gl

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190829/AnuncioG0424-140819-0003_gl.html