O Obradoiro de emprego “ Mocidade da Mancomunidade de Verín IV”, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o  Fondo Social Europeo, trátase dun programa de formación e emprego de 6 meses de duración no que 16 mozos e mozas da nosa comarca terán a oportunidade de aprender unha profesión e de adquirir experiencia laboral coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade. O 30 de setembro de 2019 tivo comezo este programa, contando con dúas especialidades formativas: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións e  Froitocultura. Ambas especialidades formativas contan co certificado de profesionalidade correspondente permitindo acceso ó mercado laboral en sectores demandados, tanto na nosa provincia de Ourense coma na comunidade autónoma de Galicia.