O Servizo de Orientación laboral da Mancomunidade informa:

O vindeiro xoves 24 de Outubro, o centro de formación da  Mancomunidade acollerá unha charla informativa por parte do persoal técnico do programa EmprendOU, ao que poden acudir aquelas persoas interesadas en ser asesoradas en beneficiarse de dito programa.

O programa está destinado a mozas e mozos, menores de 30 anos, que estean inscritos no Programa de Garantía Xuvenil, e que inicien ou iniciaran unha actividade por conta propia  con data posterior ao 8/1/2019.

As persoas participantes deben estar empadronadas ou desenvolver a súa actividade nun dos municipios elexibles, que cumplan as características demográficas que require o programa, que ten entre os seus obxectivos fortalecer as capacidades emprendedoras en zonas afectadas por retos demográficos como o despoboamento ou o envellecemento.

A charla terá lugar no Centro de Formación da Mancomunidade ubicado en Verín, no Camiño Vello de Sousas ás 12:00 non é preciso inscrición previa.

A web do programa é https://www.emprendou.com/

 

 

Informa: