Dende o Servizo de Orientación Laboral da Mancomunidade infórmase:

Xa está publicada a oferta formativa AFD aprobada ata o momento:

 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. (SSCS0208)

Trátase dun certificado de profesionalidade de nivel 2, polo que compre ter nivel formativo  ESO ou equivalente. Se tedes dúbidas sobre o nivel formativo podedes chamar ao servizo de orientación.

Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (ADGG0408)

Trátase dun certificado de profesionalidade de nivel 1, polo que non hai requisitos en canto a nivel formativo.

Cómo inscribirse?

Para solicitar o curso, débese facer a través do Servizo Público de Emprego de Galicia, en Verín ubicado na Avenida de Castela, 30.

Onde informarse?

Para solicitar máis información sobre estas accións formativas  pódese chamar ao 988255668