ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR342A).

  1. Esta orde ten por obxecto regular as axudas que favorezan a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral:

A orde inclúe un programa de incentivos pola contratación, formación e emprego con apoio (código de procedemento TR342A) con tres tipos de bonos compatibles regulados no capítulo II:

  1. a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial, a temporal cunha duración mínima inicial de 3 meses e a transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo ou a tempo parcial das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

Contía dos incentivos

  1. As contratacións indefinidas iniciais realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 16.000 euros por cada persoa desempregada con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social contratada que cumpra os requisitos mencionados no artigo 26.

No caso de contratacións na modalidade de fixos-descontinuos, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.

  1. As contratacións temporais a tempo completo realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse por cada persoa desempregada con discapacidade ou en situación de risco ou exclusión social contratada que cumpra os requisitos que establece o artigo 26 cunha axuda que, de acordo coa duración mínima inicial, será de:

– 2.000 euros por cada contratación temporal cunha duración inicial mínima de 3 meses.

– 4.000 euros por cada contratación temporal cunha duración inicial mínima de 6 meses.

– 8.000 euros por cada contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses.

  1. As contías establecidas nos puntos 1 e 2 incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
  2. a) Se é unha muller.
  3. b) Se é maior de 45 anos.
  4. c) Se é unha persoa emigrante retornada.
  5. d) Se o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) está situado nun concello rural.
  6. e) Se é trans.
  7. f) Se é unha empresa con máis de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70 %.
  8. g) Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.

Aplicarase a subvención polos incrementos indicados pola persoa ou entidade solicitante; en caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación achegada coa solicitude.

  1. A transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo incentivarase cunha contía de 6.000 euros; neste caso, non serán aplicables os incrementos establecidos no punto anterior.
  2. A contía das subvencións e os incentivos adicionais, se é o caso, será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legal.
  3. Ás contías da subvención pola contratación indefinida e temporal das persoas con discapacidade establecidas no punto 1 e 2 incrementaranse en 1.000 euros, pola adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais á persoa traballadora con discapacidade contratada, ou por eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo das persoas traballadoras con discapacidade. A necesidade da adaptación ou dos medios especiais de protección persoal deberá contar cunha memoria da empresa en que se acredite a necesidade da adaptación ou dotación de equipamentos antes citada.
  4. b) Bono de formación, dirixido ás persoas traballadoras cunha contratación indefinida inicial ou temporal mínima de 6 meses, beneficiarias do bono de contratación, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Contías dos incentivos e condicións da percepción

Esta formación incentivarase con 2.000 euros por cada persoa contratada por medio dun contrato temporal inicial cunha duración mínima de 6 meses e 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido inicial e que en ambos os dous casos cumpran os requisitos establecidos na presente orde.

Disposicións xerais para os bonos de contratación e formación

Prazo de solicitudes

As solicitudes de axudas dos bonos de contratación e formación para ás contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e o 8 de xaneiro de 2020 deberán presentarse antes do 9 de marzo de 2020 (inclusive).

 

As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde (9 de xaneiro de 2020) deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020.

  1. c) Bono de emprego con apoio, que consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo en condicións similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempeñan postos de iguais características.

Esta liña de axudas ten como obxecto subvencionar as entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e de Seguridade Social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes do programa de emprego con apoio comezará o día seguinte ao da publicación desta orde e rematará o 30 de setembro de 2020.

Promotores de proxectos de emprego con apoio e entidades beneficiarias das subvencións

Poderán promover proxectos de emprego con apoio e ser beneficiarias das correspondentes subvencións reguladas nesta orde as seguintes entidades:

  1. As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que subscriban o correspondente convenio de colaboración coa empresa que vai contratar as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social ás cales se lles vai prestar o emprego con apoio e que cumpran os seguintes requisitos:
  2. a) Ter por obxecto social, entre outros, a inserción laboral ou a creación de emprego a favor de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
  3. b) Contar no seu cadro de persoal con preparadores ou preparadoras laborais especializados que cumpran os requisitos establecidos no artigo 44 ou comprometerse a incorporalos, así como dispor dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento idóneo dos programas de emprego con apoio.
  4. c) Ter experiencia acreditada no desenvolvemento de programas de integración laboral de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
  5. d) Desenvolver as actividades de emprego con apoio de modo gratuíto, sen que caiba o cobramento ou a percepción de ningún tipo de cantidade ou tarifa a persoas traballadoras ou empresarios e empresarias.
  6. Os centros especiais de emprego, cualificados e inscritos como tales no rexistro administrativo de centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia que subscriban un convenio de colaboración coa empresa que vai contratar persoas traballadoras con discapacidade procedentes do cadro de persoal do mesmo centro ou doutros centros especiais de emprego.

Tamén as empresas de inserción laboral que subscriban convenio de colaboración coa empresa que vai contratar persoas traballadoras en situación ou risco de exclusión social procedentes do cadro de persoal do mesma empresa ou doutras empresas de inserción laboral.

Estes centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. a) Contar no seu cadro de persoal con preparadores e preparadoras laborais especializados que cumpran os requisitos establecidos no artigo 44 ou comprometerse a incorporalos, así como dispor dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento idóneo dos programas de emprego con apoio.
  2. b) Desenvolver as actividades de emprego con apoio de modo gratuíto, sen que caiba o cobramento ou a percepción de ningún tipo de cantidade ou tarifa a persoas traballadoras ou empresarios e empresarias.
  3. As empresas do mercado ordinario de traballo, incluídos os traballadores e traballadoras autónomos, que contraten as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social beneficiarias das ditas accións de apoio, sempre que conten no seu cadro de persoal con preparadores e preparadoras laborais especializados que cumpran os requisitos establecidos no artigo 44 ou se comprometan a incorporalos, e que dispoñan dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento idóneo dos programas de emprego con apoio.

Contía das axudas

  1. A subvención establecida neste bono destinarase a financiar os custos derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que se xeren durante o desenvolvemento das accións do emprego con apoio, dentro do período subvencionable.
  2. A contía base por preparador/a laboral establécese en función do número de persoas traballadoras en situación ou risco de exclusión social ou de persoas con discapacidade co tipo e grao indicados no artigo 44.2, destinatarias das accións de emprego con apoio, contratadas para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondendo:
  3. a) 8.500 euros anuais por cada persoa traballadora incluída na liña a), a xornada completa.
  4. b) 5.500 euros anuais por cada persoa traballadora incluída na liña b), a xornada completa.
  5. c) 3.500 euros anuais por cada persoa traballadora incluída na liña c) a xornada completa.
  6. A contía base reducirase proporcionalmente en función da duración do contrato de cada persoa traballadora que recibe o apoio, así como en función da súa xornada no suposto de que o contrato sexa a tempo parcial.
  7. Así mesmo, a contía base poderá incrementarse nas porcentaxes que se sinalan a seguir, segundo se dean as seguintes circunstancias (acumulables entre si) na persoa preparadora laboral contratada:
  8. a) Un 25 % se é unha muller.
  9. b) Un 25 % se é maior de 45 anos.
  10. c) Un 25 % se é persoa emigrante retornada.
  11. d) Un 25 % no caso de que o seu centro de traballo estea situado nun concello rural.
  12. e) Un 25 % se é trans.
  13. f) Un 25 % se é unha empresa con máis de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70 %.
  14. g) Un 25 % se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.
  15. En ningún caso a contía da axuda poderá superar o 100 % dos custos laborais e de Seguridade Social da persoa preparadora laboral contratada para o desenvolvemento da actividade de emprego con apoio nin o fixado no convenio colectivo de aplicación (excluído o concepto de desprazamento).
  16. No suposto das entidades sinaladas nos números 1 e 2 do artigo 41, cando un mesmo preparador ou preparadora laboral teña que prestar apoios a persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social en centros de traballo ou empresas de distintos concellos, poderase conceder unha subvención en concepto de custos de desprazamento nunha contía máxima de 2.500 € por preparador laboral.

Para o cálculo das subvencións das accións de emprego con apoio terase en conta unicamente o período en que cada persoa traballadora apoiada permaneza contratada e recibindo apoio durante o desenvolvemento da acción.

  1. Non se poderán outorgar subvencións conforme o previsto nesta orde referidas a unha mesma persoa traballadora con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, aínda que correspondan a distintos proxectos de emprego con apoio, por tempo superior a dous anos ou, no suposto de persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 42.1.a), por tempo superior a 3 anos.

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200107/AnuncioG0424-031219-0001_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR342A&ano=2020&numpub=1&lang=gl