ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR350A).

Coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras dos incentivos á súa contratación por conta allea, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.

Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas (código de procedemento TR350A).

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  1. a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención á contratación indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses, á transformación de contratos temporais en indefinidos que deberán ser a tempo completo e, no caso de contratos indefinidos a tempo parcial, será subvencionable o incremento de xornada que deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.

Contías dos incentivos

  1. As contratacións indefinidas iniciais realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 12.000 euros por cada muller desempregada contratada, sempre que cumpra os requisitos mencionados no artigo 21.

No caso de contratacións indefinidas iniciais na modalidade de fixos-descontinuos, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.

  1. As contratacións temporais cunha duración mínima inicial de 12 meses realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 6.000 euros por cada muller desempregada, sempre que cumpra os requisitos mencionados no artigo 21.
  2. As contías establecidas nos puntos 1 e 2 incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, acumulables entre si:

– No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

– Se a muller contratada é unha emigrante retornada.

– Se a muller contratada é maior de 45 anos.

– Se é unha empresa con máis de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70 %.

– Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.

Aplicarase a subvención polos incrementos indicados pola persoa ou entidade solicitante; en caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación achegada coa solicitude.

  1. A transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo incentivarase cunha contía de 4.000 euros; neste caso non serán aplicables os incrementos establecidos no punto anterior.

No caso de transformacións de contratos temporais en indefinidos na modalidade de fixos-descontinuos, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.

  1. O incremento da xornada laboral dun contrato indefinido a tempo parcial a un contrato indefinido a tempo completo incentivarase cunha contía de 2.000 euros; neste caso non serán aplicables os incrementos establecidos no punto 3.
  2. b) Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento da xornada e transformación de contratos temporais a indefinidos.

Contías dos incentivos e condicións da percepción

Esta formación incentivarase, no caso das contratacións indefinidas inicias, cunha axuda de 4.000 euros por cada muller traballadora dada de alta nun contrato indefinido e de 2.000 euros por cada muller contratada por medio dun contrato temporal cunha duración inicial mínima de doce meses e sempre que en ambos os casos cumpran os requisitos establecidos na presente orde.

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e o 8 de xaneiro de 2020 deberán presentarse antes do 9 de marzo de 2020 (inclusive).

As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde (9 de xaneiro de 2020) deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200107/AnuncioG0424-031219-0003_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR350A&ano=2020&numpub=1&lang=gl