ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR349T).
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerá, en réxime de concorrencia non competitiva e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2020, coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.
Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, a contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses e formación por conta allea (código de procedemento TR349T).
Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
Contías dos incentivos
No caso de contratacións na modalidade de fixos descontinuos, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.
– Se é unha empresa con mais de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70 %.
– Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.
Aplicarase a subvención polos incrementos indicados pola persoa ou entidade solicitante; en caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación achegada coa solicitude.
Contías dos incentivos e condicións da percepción
Esta formación incentivarase, no caso das contratacións indefinidas iniciais cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido e de 2.000 euros por cada persoa contratada por medio dun contrato temporal inicial de doce meses e que en ambos os casos cumpran os requisitos establecidos na presente orde.
Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e o 8 de xaneiro de 2020 deberán presentarse antes do 9 de marzo de 2020 (inclusive).
As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde (9 de xaneiro de 2020) deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200107/AnuncioG0424-021219-0001_gl.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR349T&ano=2020&numpub=1&lang=gl