PROGRAMA DO BONO RENOVA

ORDE do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341S).

Persoas beneficiarias

  1. Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cese, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:
  2. a) Que teñan 60 anos ou máis.
  3. b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da seguridade social.
  4. c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.

No caso das persoas traballadoras autónomas societarias para ser persoas beneficiarias desta axuda a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións ou participacións da sociedade.

No caso de transmisión do negocio por ter a persoa traballadora autónoma 60 anos ou máis, debe levar máis de 24 meses de alta no no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA).

  1. Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA) tras a súa adquisición.

Subvencións

  1. A persoa transmisora terá unha subvención de 5.000 € para compensar os gastos derivados do traspaso.

No caso de que o negocio teña varios persoas donas a axuda consistirá no pagamento desa contía en proporción á súa participación

  1. A persoa adquirinte terá tres liñas de axudas:
  2. a) Bono asesoramento: A persoa adquirente terá unha axuda consistente no pagamento do 100 % cun límite de 3.000 € dos gastos de asesoramento realizados mediante un contrato que deberá ter as seguintes cláusulas obrigatorias:

– Cláusula de obxecto do contrato:

A prestación de servizos dentro do programa do bono renova 2020 consistirá en:

  1. Análise e viabilidade do negocio.
  • Funcionamento do negocio.
  • Análise do estado económico-financeiro.
  • Análise comercial.
  • Carteira de clientes.
  • Análise da situación legal e administrativa do local e da actividade.

Neste análise deberá terse en conta a estrutura económico financeira. O custo de transferencia do negocio, o financiamento alleo e as modificacións nos custos fixos.

  1. Elaboración plan empresarial.

O documento recollerá os aspectos estratéxicos fundamentais e que se condensarán en catro bloques:

  • Antecedentes do proxecto.
  • Estudo de mercado.
  • Definición da oferta (márketing mix)
  • Análise económico financeiro.
  1. Acompañamento no proceso de peche da transmisión e de posta en marcha da empresa.
  • Orientación e asesoramento nas distintas situacións particulares que se poidan presentar.
  • Elaborar os documentos necesarios para formalizar a transmisión.
  • Asesoramento na posta en marcha do negocio e as súas implicacións fiscais e legais.

O negocio obxecto da compra debe facerse constar no obxecto do contrato de xeito que poida ser perfectamente identificado

– A cláusula de confidencialidade.

– A cláusula de custo do servizo que debe ter o prezo determinado que a persoa adquirente debe pagar á entidade, profesional ou asociación de autónomos que lle asesora.

O asesoramento poderá ser efectuado por empresas, entidades ou profesionais adicados ao asesoramento e polas asociacións de traballadores autónomos.

Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, segundo dispón o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Se o negocio ten varias persoas adquirentes para explotalo conxuntamente a axuda será por negocio en proporción á súa participación.

  1. b) Bono formación: a persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 6.000 € para realizar formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así se xustifique. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada no prazo comprendido de tres meses antes da alta ata o 31 de outubro de 2020.

O gasto orixinado deberase producir no período subvencionable, que será desde 3 meses antes da alta ata o 15 de novembro de 2020 e deberá ser efectivamente xustificado, mediante certificado de asistencia e as facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación.

Non se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, segundo dispón o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  1. c) Bono Inicio de actividade, será unha subvención para os gastos de inicio de actividade que será dunha cantidade de 5.000 por negocio e terá un incremento de 3.000 por traballador por conta allea de alta na empresa no momento do traspaso e que se comprometa a manter durante un período mínimo de 2 anos.

Este incremento será por un máximo de 5 traballadores, entre os que se incluirán as persoas que se dean de alta como traballadoras autónomas se fosen uns traballadores da empresa.

Para este bono o adquirinte comprometese a manter o negocio durante un período mínimo de 2 anos e a manter os traballadores polos que solicite a axuda durante ese período mínimo de 2 anos mantendo como mínimo a mesma xornada.

Canto se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación, ou na súa falta na xornada máxima legal

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2020

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200203/AnuncioG0424-140120-0006_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341S&ano=2018&numpub=1&lang=gl