AXUDAS PARA O FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍLOCA EN RÉXIME ASOCIATIVO

ORDE do 20 de decembro de 2019 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR351A).

Esta axuda ten como finalidade:

  1. a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
  2. b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
  3. c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios da axuda regulada nesta orde:

  1. a) As cooperativas agrarias.
  2. b) As cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.
  3. c) As sociedades agrarias de transformación procedentes da fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais. En diante SAT de fusión.

Requisitos para todas as entidades beneficiarias da axuda

  1. Deberán ter un mínimo 4 de socios, agás nas SAT de fusión que deben ter un mínimo de 3.
  2. Deberán xustificar a necesidade e a viabilidade dos investimentos mediante a presentación dun estudo de viabilidade.
  3. Non ter a consideración de empresa en crise. Considérase que as empresas en crise son as que concordan coa definición do artigo 2, número 18) do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.
  4. Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias establecidas polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  5. No caso das cooperativas agrarias que teñan como obxecto social único a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, denominadas convencionalmente cooperativas de utilización de maquinaria agrícola, en diante CUMA, todas as explotacións estarán situadas dentro dun raio de acción de 20 km.

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de marzo de 2020.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200206/AnuncioG0426-201219-0004_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR351A&ano=2020&numpub=1&lang=gl