AXUDAS DESTINADAS Á ELABORACIÓN DE INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAL

ORDE do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR462B).

Beneficiarios

  1. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores e non se admitirá a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
  2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.

Actuacións obxecto de axuda

  1. Poderán ser obxecto de axuda algún dos IOXF (Instrumentos de Ordenación e Xestión Forestal) elaborados para os montes ou terreos forestais que, conforme o artigo 8.18 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, se correspondan con algunha das seguintes categorías:
  2. a) Como instrumento de ordenación forestal: o proxecto de ordenación (PO).
  3. b) Como instrumentos de xestión forestal:
  4. i) Documento simple de xestión (DSX).
  5. ii) Documento compartido de xestión (DCX).

iii) Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos (MS). Só serán obxecto de axuda nos casos de superficie inferior ou igual ás 15 hectáreas en couto redondo para unha mesma propiedade.

  1. Neste senso poden ser obxecto de axuda para IOXF, os montes que o teñan en vigor e que se atope o plan especial no ano 2019, 2020 ou 2021 no seu último ano de vixencia e sempre e cando se executasen as actuacións do plan especial, especialmente aquelas referidas aos aproveitamentos finais e posterior accións de rexeneración, por ser estas as que transforman o monte ata un estado ordenado. De xeito excepcional, determinadas actuacións planificadas no dito plan especial puideron non ser obxecto de execución, debendo, en calquera caso, xustificalo de forma motivada por técnico competente na materia.
  2. Igualmente poderán ser obxecto de axuda para IOXF, os montes que viñan de sufrir (con posterioridade á solicitude de aprobación do IOXF) incendios, desastres naturais ou catástrofes que causasen a destrución de, cando menos, o 25 % da superficie arborada obxecto de ordenación ou xestión.
  3. O IVE non é subvencionable.

Condicións técnicas

  1. Os IOXF serán redactados por persoal técnico competente en materia forestal, entendendo por tal persoal o que se define no artigo 8.24 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. A Administración poderá solicitar que acredite documentalmente a súa titulación.
  2. No caso de que as persoas interesadas opten pola comunicación do documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos, non será precisa a intervención do persoal técnico competente en materia forestal.

 

 

O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR462B&ano=2018&numpub=1&lang=es

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200213/AnuncioG0426-261219-0008_gl.html