PROGRAMA SON EXECUTIVA

Consellería de Economía, Emprego e Industria lanza un novo programa de formación e liderado para mulleres, SON EXECUTIVA, mediante o que 400 mulleres de Galicia poden adquirir coñecementos e competencias directivas.

Entre os meses de febreiro e xullo está previsto impartir formación combinada cun programa de coaching individualizado en sesións presenciais nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.

O obxectivo é reforzar os coñecementos de xestión executiva para que as mulleres galegas poidan acceder a postos de alta dirección nas empresas e dar ferramentas ás participantes para potenciar o seu propio desenvolvemento cara a consecución das súas metas profesionais.

Home