GUÍAS ACTUALIZADAS PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE A TRAMITACIÓN DE ERTE MOTIVADOS POLO COVID-19 (REAL DECRETO LEI 9/2020)

Segundo o Real Decreto Lei 9/2020, aprobado o pasado sábado 28 de marzo, a Xunta de Galicia actualiza as dúas infografías sobre a tramitación de expedientes de regulación de emprego (ERTE) por forza maior ou por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivados polo COVID-19, así como a guía de respostas ás preguntas máis frecuentes sobre esta materia, postas á disposición das empresas, autónomos e traballadores.

actualización ERTE por forza maior motivado polo COVID-19: tramitación

https://cloud.igape.es/index.php/s/UdgS74CDhGxC9GY#pdfviewer

actualización ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivado polo COVID-19: tramitación

https://cloud.igape.es/index.php/s/eaCzIXHVyLYHZbx#pdfviewer

actualización Preguntas e repostas sobre a tramitación de ERTE motivados polo COVID-19

https://cloud.igape.es/index.php/s/IA11Ikdi2RSGuQR#pdfviewer
PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE ERTE:

  • ERTE presentados antes da entrada en vigor do Real Decreto aprobado o pasado sábado: as empresas contan cun prazo de 5 días e, polo tanto, finaliza esta semana.
  • ERTE que se presenten a partir do Real Decreto aprobado o pasado sábado: as empresas deberán comunicalo no prazo de 5 días desde que presenten a súa solicitude de ERTE.

Lembramos que a Xunta ten habilitado un teléfono gratuíto para atender consultas sobre a tramitación dos ERTE: 900 815 600