SUBVENCIÓN A AUTÓNOMOS DA PROVINCIA DE OURENSE ACOLLIDOS AO CESAMENTO DE ACTIVIDADE POLO COVID-19

DEPUTACIÓN DE OURENSE: BOP do 12 de maio de 2020

Beneficiarios:

As persoas físicas que sexan traballadores autónomos e cumpran os seguintes requisitos:

a) Exercer a súa actividade económica en calquera municipio da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes. Para estes efectos, tomarase como referencia o domicilio da actividade económica que figure na matrícula do Imposto de Actividades Económicas.

b) Estar dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Sistema Especial de Traballadores por Conta Propia Agrarios. Entenderanse incluídos todos os traballadores aos que se refire o artigo 1 da Lei 20/2007 de 11 de xullo, do estatuto do traballo autónomo. Exclúense os autónomos colaboradores a que se refire o artigo 1.1., parágrafo 2º da citada lei.

c) Figurar dados de alta na matrícula do IAE, xa sexa o propio autónomo como persoa física ou a persoa xurídica ou entidade sen personalidade que exerza a actividade e á que o autónomo figure vinculado.

d) Ter recoñecida a prestación extraordinaria por cesamento de actividade prevista no artigo 17 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facerlle fronte ao impacto económico e social do COVID 19.

Cuantía da subvención

600 euros

 

https://www.depourense.es/index.php/component/content/article/55-cat-noticias/eventos/5022-subvencions-covid19-autonomos