SUBVENCIÓNS A PEQUENAS EMPRESAS DA PROVINCIA DE OURENSE AFECTADAS POLO COVID-19

DEPUTACIÓN DE OURENSE: BOP do 12 de maio de 2020

Beneficiarios:

As persoas físicas ou xurídicas ou as entidades sen personalidade xurídica que cumpran os seguintes requisitos:

a) Exercer unha actividade económica nun municipio de menos de 20.000 habitantes da provincia de Ourense, figurando dada de alta no Imposto de Actividades Económicas. Entenderase que a actividade se exerce nun municipio determinado cando o domicilio da actividade estea situado no devandito termo municipal. Considerarase como domicilio da actividade económica o que figure na matrícula do Imposto de Actividades Económicas.

b) Tratarse de pequenas empresas que cumpran de forma conxunta os seguintes dous requisitos:

i) Ter un número de traballadores inferior a dez persoas a data 14 de marzo de 2020.

ii) Ter, no exercicio 2019, unha facturación anual a efectos do IVE inferior a un millón de euros.

c) Que a actividade económica realizada non se vise afectada polo peche obrigatorio durante o estado de alarma declarado como consecuencia da pandemia do COVID – 19. Para estes efectos, non se terá en conta como situación de peche obrigatorio o período comprendido entre o 30 de marzo e o 9 de abril de 2020 (no que, conforme co Real decreto lei 10/2020 de 29 de marzo, foron obxecto de paralización todas as actividades consideradas como non esenciais na devandita norma.

d) Que a súa facturación a efectos do IVE durante o período do 14 de marzo ao 30 de abril de 2020 se vise reducida nun 50 % ou máis con respecto á facturación media de 2019. A acreditación deste requisito realizarase mediante a comparación entre a facturación a efectos de IVE realizada en 2019 declarada (modelo 390) ante a Axencia Estatal Tributaria, dividida entre 12 e multiplicada por 1,5, e a facturación correspondente ao período entre o 14 de marzo e o 30 de abril de 2020 resultante do libro rexistro de facturas emitidas da empresa solicitante.

https://www.depourense.es/index.php/component/content/article/55-cat-noticias/eventos/5024-subvencions-covid19-pequenas-empresas