INVISTE COVID-19

AXUDAS AO INVESTIMENTO PARA A FABRICACIÓN DE PRODUTOS REALACIONADOS CO COVID-19

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para a fabricación de produtos relacionados co COVID-19 (Inviste COVID-19) cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG415B).

Proxectos obxecto de apoio

  1. Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos de investimento levados a cabo polas empresas galegas que permitan a fabricación de produtos relacionados co COVID-19, como os seguintes:

– Medicamentos (incluídas as vacinas) e os tratamentos, os seus produtos intermedios, os ingredientes farmacéuticos activos e as materias primas necesarias para a súa produción.

– Produtos sanitarios, equipamentos hospitalarios e médicos (incluídos os respiradores, a roupa e o equipamento de protección e as ferramentas de diagnóstico), así como as materias primas necesarias para a súa produción.

– Desinfectantes e os seus produtos intermedios, así como as materias primas químicas necesarias para a súa produción.

– Ferramentas de recollida/tratamento de datos.

  1. Dimensión do proxecto de investimento:

O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 100.000 €, excluíndo impostos, taxas e arbitrios. Poderá incluírse o IVE no caso de que este non sexa recuperable.

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes)

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2020.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200526/AnuncioO92-140520-0002_gl.html