CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2020, DIRIXIDO AO ALUMNADO  DAS ENSINANZAS DE FP, DEPORTIVAS OU DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do concurso Eduemprende Idea 2020, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG650A).

Esta resolución ten por obxecto convocar o concurso Eduemprende Idea 2020, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Beneficiarios                                                                     

Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. a) Estar matriculado no curso 2019/20 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
  2. b) A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único co poder suficiente para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación.

Modalidades e características dos premios

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

  1. Modalidade A: ciclos de grao superior.

– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

– Asesoramento técnico do Igape.

– Dotación económica:

1º premio: 3.000 €.

2º premio: 2.000 €.

3º premio: 1.000 €.

  1. Modalidade B: ciclos de grao medio.

– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

– Asesoramento técnico do Igape.

– Dotación económica:

1º premio: 3.000 €.

2º premio: 2.000 €.

3º premio: 1.000 €.

 

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de xullo de 2020.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200602/AnuncioO92-220520-0001_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IG650A&ano=2018&numpub=1&lang=gl