O día 7 de setembro de 2020 deu comezo o Programa de Emprego “Mocidade da Mancomunidade de Verin V”, promovido pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo nun 91,89%.

Trátase dun programa mixto de formación e  emprego, que este ano ten como novidade a duración do mesmo que pasa a ser dun ano, finalizando o 6 de setembro de 2021.

16 mozos e mozas da nosa comarca terán a oportunidade de aprender unha profesión e de adquirir experiencia laboral coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade, en dúas áreas clave para o desenvolvemento socioeconómico da nosa comarca como son a Froitocultura e a Atención Sociosanitaria a persoas Dependentes en Institucións.

Ambas especialidades formativas contan co certificado de profesionalidade correspondente permitindo acceso ó mercado laboral en sectores demandados, tanto na nosa provincia de Ourense coma na comunidade autónoma de Galicia.