ASESORAMENTO DO IGAPE A AUTÓNOMOS

Un conxunto de máis de 60 expertos e consultores especializados súmase ao equipo técnico do Igape para dar apoio e asesoramento e formar aos autónomos, os comercios e as empresas galegas a través da implantación de iniciativas de acción inmediata que contribúan a reducir o impacto económico provocado pola covid-19.

Grazas a esta liña de asesoramento a través da rede, enmarcada no programa Igape Responde, autónomos e empresas poden acceder a 14 tipos de medidas que se implementan de xeito rápido durante dúas semanas, cun seguimento posterior dun mes e unha intensidade de 25 horas de consultaría personalizada.

Entre outros resultados, estas iniciativas poden xerar un clima de maior confianza, atopar novas fontes de ingresos no negocio, captar e fidelizar novos clientes, manter os servizos en remoto ou mellorar a motivación, a cohesión e o compromiso dos equipos.

Os negocios e as empresas que teñan necesidades nos ámbitos financeiro, de negocio, de operacións e persoas, ou aquelas que non saiban como actuar no actual contexto económico (ámbito xeral), poden solicitar xa sen custo ningún este servizo.

 

Programa de acción inmediata para apoiar, asesorar e formar pemes e autónomos de Galicia

Liña 2 MEDIDAS DE ACCIÓN INMEDIATA