AUTOMATIZACIÓN E DIXITALIZACIÓN NOS SECTORES ECONÓMICOS DE GALICIA NO CONTEXTO COVID-19

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizan unha serie de mesas de diálogo para analizar o impacto da automatización e a dixitalización nos diferentes sectores económicos de Galicia, nun contexto no que están a cobrar aínda máis relevancia debido ás consecuencias provocadas pola pandemia da covid-19.

O obxectivo dos cinco encontros programados é que as institucións participantes expoñan a situación destes procesos a día de hoxe no seu ramo de actividade, para contribuír así a un mellor diagnóstico dos seus impactos e poder achegar propostas que axuden a afrontar os retos existentes e emerxentes.

As sesións desenvolveranse na modalidade de webinarios os próximos días 16, 17, 23, 24 e 30 de setembro, ás 16.30 horas. Serán moderadas por representantes do Igape e da USC e durante cada unha poderanse enviar preguntas ao moderador ou moderadora.

 

https://cloud.igape.es/index.php/s/MMnbsGvgzh13JXy#pdfviewer