PROGRAMA DE RESCATE DE AUTÓNOMOS AFECTADOS POLO COVID-19

ORDE do 17 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da COVID-19 financiado con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR400A).

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas tra-balladoras autónomas para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19 que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego. O prazo de execución da operación vai desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galiciaata o 31 de decembro de 2020.

Persoas beneficiarias

1. Persoas traballadoras autónomas que teñan o domicilio fiscal en Galicia e que teñan recoñecida o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego (BOE núm. 259, do 30 de setembro).

2. Para as axudas previstas no artigo 7.1.b), as persoas traballadoras autónomas que ademais de cumprir o requisito sinalado no parágrafo anterior deberán estar encadradas nos sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada.

Entenderase como actividade especialmente paralizada:

a) En todo caso o lecer nocturno. Son negocios de lecer nocturno aqueles con establecementos de discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, de conformidade coa definición que destes establecementos se prevé no punto III.2.7 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, incluiranse os negocios como establecemento de salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga punto anteriores, de conformidade coa definición deste establecemento contida no apartado III.2.4.5 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, e todos aqueles que non teñan o seu título habilitante adap-tado ás tipoloxías anteriores pero que poidan ser asimilables tendo en conta a actividade que desenvolvan, consonte o disposto nas definicións especificadas no Decreto 124/2019, do 5 de setembro.

Para estes efectos, os establecementos que aínda teñan a consideración de café-concerto, café-teatro, café-cantante e tablao flamenco estarían encadrados no catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como cafés-espectáculo. Do mesmo xeito, os establecementos que aínda teñan a consideración de cafés catego-ría especial e karaokes estarían encadrados no catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como pubs.

b)  Aquelas  actividades  económicas  que  se  desenvolvan  no  ámbito  das  atraccións  de  feiras e que se trate de actividades nas cales non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.

c) Os negocios encadrados nos seguintes CNAE:

CNAE 4932. Transporte por taxi. CNAE 5010. Transporte marítimo de pasaxeiros. CNAE 5030. Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores. CNAE 5621. Provisión de comidas preparadas para eventos. CNAE 5914. Actividades de exhibición cinematográfica. CNAE 7911. Actividades das axencias de viaxes. CNAE 7912. Actividades dos operadores turísticos. CNAE 7990. Outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos eles. CNAE 8230. Organización de convencións e feiras de mostras.

CNAE 9001. Artes escénicas.CNAE 9002. Actividades auxiliares ás artes escénicas.CNAE 9004. Xestión de salas de espectáculos.CNAE 9321. Actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos.CNAE 9329. Outras actividades recreativas e de entretemento.

3. Dada a natureza extraordinaria das actuacións subvencionables destas bases reguladoras  debido  á  situación  de  emerxencia  sanitaria  de  que  derivan,  mediante  a  Orde  do  13 de novembro de 2020 da Consellería de Facenda e Administración Pública autorízase a que mediante declaración responsable as persoas solicitantes poidan, para os efectos desta axuda, declarar que non teñen débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, Administración do Estado e coa Seguridade Social, segundo o establecido no artigo 11.k) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.

Axudas

a) 1.200 € para as persoas traballadora autónoma que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 6.1.

b) 2.000 € para aquelas persoas traballadoras autónomas en sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada tal e como vén definido no artigo 6.2.

As axudas previstas de 1.200 € ou de 2.000 € non son acumulables.

2. O método de xustificación empregado será o de custos simplificados, sumas a tanto global, conforme o disposto no artigo 67.1.c) do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de decembro de 2020.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201118/AnuncioG0599-171120-0004_gl.pdf
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR400A&ano=2020&numpub=1&lang=es