AXUDAS PARA A CONTINUIDADE DE CASAS DO MAIOR

ORDE do 31 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS212B).

Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2021, de subvencións destinadas a persoas físicas ou cooperativas de traballo asociado para a continuidade e mantemento das casas do maior postas en marcha no ano 2019.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas para a continuidade do funcionamento das casas do maior as persoas físicas que se estableceron como empresarias autónomas ou que constituíron cooperativas de traballo asociado que, durante o ano 2019, puxesen en marcha unha casa do maior.

Só poderán acceder ás axudas aqueles promotores/as de casas do maior que contaran polo menos, cunha persoa usuaria nos anos 2019 e 2020 ou respecto das cales exista solicitudes de persoas usuarias pendentes de tramitación, na data de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de marzo de 2021.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS212B&ano=2021&numpub=1&lang=glhttps://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210127/AnuncioG0425-130121-0001_gl.html