PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA/GANADERÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL

ORDE do 15 de xaneiro de 2021 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

Os procedementos administrativos que se regulan nesta orde son os seguintes:

a) MR250A. Pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (solicitude única).

b) MR239K. Solicitude de modificación do Sistema de información xeográfica de parcelas (Sixpac).

c) MR239G. Comunicación de cesión das axudas con cesión da explotación.

d) MR239O. Recoñecemento como entidade colaboradora.

e) MR240D. Solicitude de modificación da solicitude única.

f) MR241C. Solicitude de asignación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional.

g) MR241D. Comunicación de cesión de dereitos do réxime de pagamento básico.

Liñas de axuda

1. As liñas de axuda están integradas polos pagamentos directos á agricultura e á gandaría; en concreto, os seguintes réximes de axuda comunitarios establecidos no Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e no Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural:

a) Un pagamento básico aos agricultores («pagamento básico»).

b) Un pagamento para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente («pagamento verde»).

c) Un pagamento suplementario para os agricultores mozos que comecen a súa actividade agrícola.

d) Un réxime de axuda asociada:

1ª. Axuda asociada aos cultivos proteicos.

2ª. Axuda asociada aos legumes de calidade.

3ª. Axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices.

4ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de ceba.

5ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite.

6ª. Axuda asociada para as explotacións de ovino.

7ª. Axuda asociada para as explotacións de cabrún.

8ª. Axudas asociadas para as persoas gandeiras de vacún de leite, vacún de ceba e de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pagamento básico.

9ª. Tamén se poderá solicitar calquera outra axuda asociada regulada no título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

e) Un réxime simplificado para os pequenos agricultores.

Todas as axudas citadas anteriormente son financiadas integramente polo Feaga.

2. Tamén se inclúen as solicitudes da axuda e/ou do pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control que, na Comunidade Autónoma de Galicia, son:

a) Prima anual de mantemento correspondente ás superficies forestadas coas axudas para a creación de superficies forestais, submedida 8.1 do PDR de Galicia 2014-2020. Persoas beneficiarias con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.

b) Prima anual de mantemento vinculada aos expedientes aprobados e pagados das axudas para a creación de sistemas agroforestais, submedida 8.2 do PDR de Galicia 2014-2020. Persoas beneficiarias con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.

c) Pagamento das axudas de agroambiente e clima da submedida 10.1 e da agricultura ecolóxica das submedidas 11.1 e 11.2 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Persoas beneficiarias con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.

d) Pagamento a zonas con limitacións naturais das submedidas 13.1 e 13.2 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020: solicitude da axuda e de pagamento.

3. Para as axudas incluídas no punto 2, o Feader contribuirá cunha participación do 75 % ao seu cofinanciamento.

O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2021, iniciarase o 1 de febreiro e finalizará o día 30 de abril, ambos incluídos. Non obstante, admitiranse solicitudes de axudas ata 25 días naturais seguintes ao da data de finalización do prazo establecido; nese caso e fóra dos casos de forza maior e circunstancias excepcionais, os importes reduciranse nun 1 % por cada día hábil en que se exceda a dita data. A redución mencionada neste parágrafo tamén será aplicable respecto da presentación de contratos ou declaracións e outros documentos ou xustificantes que sexan elementos constitutivos da admisibilidade da axuda de que se trate, segundo o previsto na normativa comunitaria. No ano en que se asignen dereitos de pagamento básico, esa redución será dun 3 % por cada día hábil en que se exceda a dita data para ese réxime de axudas. Se o atraso é superior a 25 días naturais, a solicitude considerarase inadmisible.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210129/AnuncioG0426-260121-2_gl.html
https://sede.xunta.gal/portada

*introcudir no buscador o código de procedemento no cal se esté interesado