AXUDAS A EMPRESAS AFECTADAS POLO PECHE CAUSADO POLA CRISE DO COVID-19

ORDE do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D), e se procede á súa convocatoria para 2021.

Programa II Outras actividades pechadas (código de procedemento TR500D)

Este programa ten por obxecto apoiar os traballadores autónomos, microempresas ou pemes que desenvolvan unha actividade económica que se vexa afectada polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias. Quedan excluídos os establecementos de hostalaría e restauración e os establecementos de lecer e entretemento, como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculos e furanchos, por estaren encadrados no Programa I desta orde.

Importe das axudas

O importe da axuda por establecemento determínase en función da data do seu peche, do seguinte xeito:

– Os establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 1.900 €.

– Os establecementos pechados desde o 21 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 2.200 €.

– Os establecementos pechados, en virtude de dúas ou máis ordes das comprendidas nas alíneas a), b), c) e d) do artigo 29 percibirán unha axuda única de 2.700 €. Igualmente percibirán unha axuda única de 2.700 € as actividades de atraccións de feira a que se refire o punto 3 do artigo 29.

No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10, incrementarase en 1.000 € nas alíneas anteriores.

As axudas concederanse para cada establecemento paralizado e, xa que logo, a persoa ou entidade beneficiaria poderá ter máis dun establecemento con dereito á axuda. Deste xeito, deberán presentar unha única solicitude por titular e, no caso de ser titular de máis dun establecemento afectado polo peche das ordes citadas no artigo 30, nesa mesma solicitude figurarán todos os establecementos afectados polo peche dos cales sexa titular.

Para maior información poden chamar ao teléfono 900 81 56 00 ou ver a web www.oficinadoautonomo.gal

O Prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de marzo de 2021

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210223/AnuncioG0599-220221-1_gl.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR500D&ano=2021&numpub=1&lang=es