SUBVENCIÓNS DESTINADAS ÁS PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS GALEGAS PARA  PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA E SUBVENCIÓNS COVID-19 PARA O MANTEMENTO DO AUTOEMPREGO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR937A).

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma galega:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

 Requisitos

1.1. Requisitos comúns para as dúas liñas de subvencións que deberán cumprirse e acreditarse na data da presentación de solicitudes:

a) Acreditar a condición de persoa beneficiaria.

b) Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.

c) Estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude.

d) Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

1.2. Requisitos específicos:

a) Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora:

– Que a data de retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2019, incluído, e que a persoa solicitante non fose beneficiaria desta subvención en convocatorias anteriores.

b) Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego:

Poderán ser beneficiarias as persoas que se atopen nalgunha destas dúas situacións:

b.1) Que a data do retorno a España estea comprendida entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2018.

b.2) Que a data do retorno a España estea comprendida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019 e que fose beneficiaria da subvención para promover o autoemprego e a actividade emprendedora da Secretaría Xeral da Emigración na convocatoria do ano 2019.

2. Quedan excluídos os autónomos colaboradores.

Contía da subvención e compatibilidade de axudas

1. Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora:

Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan na Comunidade Autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 5.000 euros.

O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:

a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 2.000 euros.

Para estes efectos enténdese por concello rural aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada a nivel de parroquia (ZDP) segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística (https://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=003003001&idioma=gl). Para estes efectos, considéranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

O importe máximo da subvención concedida será de 8.000 euros.

2. Liña 2 subvención COVID-19 para mantemento do autoemprego:

As subvencións destinadas a esta liña COVID-19 terán un importe de 3.000 euros.

3. A obtención das subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e das subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego son compatibles con outras que polos mesmos conceptos poidan outorgar as administracións públicas.

4. As subvencións da liña 1 e da liña 2 recollidas nesta resolución son incompatibles entre si.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2021

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR937A&ano=2021&numpub=1&lang=gl
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210329/AnuncioG0595-150321-0001_gl.html