No ano 2017 a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín adheriuse á Rede Eusumo, unha rede de colaboración cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Indústria da Xunta de Galicia para o fomento do Cooperativismo e Economía Social.

 

 

 

Que é a Economía Social?

As cooperativas, xunto con outras entidades entre as que se atopan as sociedades laborais e os centros especiais de emprego, integran a denominada economía social. Esta economía é entendida como o conxunto de actividades económicas e empresariais, que no ámbito privado levan a cabo aquelas entidades que perseguen ben o interese colectivo dos seus integrantes ou ben o interese xeral económico ou social, ou ambos.

Xornadas que estamos a promover no 2017… Solicita a túa praza!

 

Cales son os valores e principios da economía social?

Os valores son:

  • Axuda mutua
  • Equidade
  • Democracia
  • Responsabilidade
  • Igualdade
  • Solidariedade

Os principios son:

  • Adhesión voluntaria
  • Autonomía e independencia
  • Compromiso coa comunidade
  • Cooperación entre cooperativas
  • Fomento da educación
  • Xestión democrática
  • Participación económica

Cales son as nosas actuacións?

  • Experiencias formativas baseadas na economía social na comarca de Verín
  • Apoio técnico a tódalas persoas que queiran emprender un proxecto de economía social na comarca de Verín

As nosas iniciativas de Economía Social están financiadas polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Economía, Emprego e Indústria da Xunta de Galicia.