Medio AmbienteO Servizo de limpeza e conservación de vías locais con maquinaria e de incendios forestais leva en funcionamento dende o ano 1993. A Mancomunidade conta con un parque móbil, con maquinaria específica para a limpeza e conservación das áreas inscritas para ditos servizos.

O Servizo de punto limpo leva en funcionamento dende o ano 2006. A instalación do mesmo acometeuse no 2004 -2005 pola Consellería de Medio Ambiente.

Para a recollida de mobles ou outros materiais nos diferentes concellos, deberán formular unha solicitude de recollida en calquera Concello que pertenezca a Mancomunidade.

Se precisa máis información non dubide en poñerse en contacto con nós:

Dirección: Polígono Industrial de Pazos, Parcela B 14 (mapa)
O Punto limpo está aberto de luns a sábado, dende as 10:00-13:15 en horario de mañá e 16:00- 20:00 en horario de tarde. Exceptuando os luns pola tarde que permanecerá pechado.

Gestionado pola Deputación Provincial de Ourense.

DEBIDO Á NOVA NORMALIDADE CAUSADA POLO COVID-19, O NOVO HORARIO DO PUNTO LIMPO É:

                           MAÑÁS                                  DE LUNS A SÁBADO              10:00 – 13:30

                           TARDES                                MÉRCORES                               15:00 – 19:00