Servizos Sociais

Os Servizos Sociais Comunitarios Básicos da Mancomunidade de Verín, levan en funcionamento dende o ano 1990. Con posterioridade, no ano 1992 iniciouse a área de Servizos Comunitarios Específicos dedicados á atención temerá.

 Na actualidade, un equipo multidisplinar formado por expertos e expertas en traballo social, psicoloxía comunitaria, pedagoxía, logopedia e psicoloxía infanto-xuvenil, é o encargado de avaliar, diagnosticar e intervir tanto a persoas adultas como adolescentes, nenos ou familias que así o precisen.

Este equipo de profesionais desenvolven as súas funcións nos concellos asociados, así como nas oficinas destinadas a esta fin situadas en Galerías Portas de Madrid, Rúa Muralla en Verín.

Algúns dos servizos relacionados que estamos a ofrecer son os seguintes:

Servizos Comunitarios Básicos:

  • Programa de información e orientación
  • Programa de emerxencia social
  • Programa de axuda no fogar
  • Programa de educación familiar
  • Avaliación e diagnóstico das necesidades da poboación
  • Desenvolvemento e implantación de programas de intervención individual e/ou comunitario

Servizos Comunitarios Específicos- Atención Temperá: 

             

Servizo de Atención Temperá

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín

As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

O obxectivo (O.T.9) é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.

Se precisa máis información non dubide en poñerse en contacto con nós:

Dirección: Galerías Porta de Madrid 32600 Verín

Teléfono: 988.41.20.48

Correo electrónico:

Administración: administracion@mancoverin.es

Traballo Social: tsociales@mancoverin.es

Psicoloxía Comunitaria: psprimaria@mancoverin.es

Atención Temperá: a.tempera.verin@gmail.com

conselleriapoliticasocial_0                                       fse_inviste