A Consellería de Educación convoca prazas para a residencia en centros residenciais docentes en A Coruña, Vigo e Ourense. Estas prazas están destinadas a estudantes de Bacharelato ou ciclo de Formación Profesional en Galicia. Para a concesión de dita bolsa será tida en conta a renda da unidade familiar do alumno. Lembren que o 15 de Xullo remata o prazo para estudantes de Bacharelato e o 8 de Agosto a de estudantes de Ciclos Formativos.

Alumnado que no curso académico 2016/17 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha modalidade concreta dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas e acreditadas.

A praza para centros residenciais está dirixida a xoves que queren realizar unha especialidade formativa que non está ofertada no lugar no que residen e non poden acceder a mobilidade debido a circunstancias económicas e/ou familiares. 

Requisito de renda da unidade familiar:

A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar da persoa adxudicataria sexa igual ou inferior ao limiar 2* fixado polo Ministerio de Educación para o curso 2015/16 (Boletín Oficial del Estado núm. 159, do 4 de xullo).
Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2*, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 538 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 825 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.307 €.
d) Máis do 30 %: 1.968 €.
Prazos:

a) Para os solicitantes matriculados en Bacharelato ata o 15 de xullo de 2016.
b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos ata o 8 de agosto de 2016
Os trámites poden facerse en http://sede.xunta.es co procedemento ED306A
Máis información no DOG do 8 de xuño de 2016

*O limiar 2 de renda familiar para o curso 2015-2016:
Familias dun membro: 13.236 €
Familias de dous membros: 22.594 €
Familias de tres membros: 30.668 €
Familias de catro membros: 36.421 €
Familias de cinco membros: 40.708 €
Familias de seis membros: 43.945 €
Familias de sete membros: 47.146 €
Familias de oito membros: 50.333 €