Xuventude: velaquí tedes os últimos certames científicos-artísticos en Galicia
29/03/2017
Axudas para agricultores
31/03/2017
Amosalo todo

Acto de clausura: Obradoiro de Emprego Mocidade da Mancomunidade de Verín

Onte tivo lugar a ceremonia de clausura do Obradoiro de Emprego “Mocidade da Mancomunidade de Verín”, que transcorreu os últimos 6 meses e no que participaron 18 persoas da nosa comarca (1 directora, 1 administrativa, 2 docentes e 15 mozos e mozas que forman o alumnado-traballador) . O obradoiro remata coa entrega de diplomas en dúas especialidades formativas, Auxiliar de Atención Socio-Educativa de Menores e Deseño de Páxinas Web. Este programa mixto de emprego e formación enmárcase dentro do Progama operativo de emprego xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020

O acto acudiron, entre outros, o presidente da Mancomunidade Jose Luis Suárez Martínez, o alcalce de Vilardevós Manuel Cardoso, o teniente alcalde de Oímbra Fernando Vieira, o teniente alcalde de Verín, Diego Lourenzo Moura e Rodrigo De Luis Francisco, Xefe de Servizo de Traballo e Economía Social na Consellería de Ourense.

 

Dende a Mancomunidade de Verín queremos dar a noraboa ós 18 mozos e mozas que estiveron a traballar con nós durante estes últimos 6 meses, e tamén ó personal que o fixo posible: a administrativa, directora e os dous docentes.

Para máis información sobre o obradoiro Mocidade da Mancomunidade de Verín, accede á súa web: http://obradoiroverin.wixsite.com/inicio