Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.

  1. AXUDAS PARA O APOIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS, PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA OS AGRICULTORES MOZOS E PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2017 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:

Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).

Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A).

– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

Requisitos dos beneficiarios

Ademais dos requisitos específicos establecidos para cada beneficiario segundo o tipo de axuda que solicite, todos deben:

  1. Cumprir a condición de agricultor activo no momento da solicitude. Agás no caso dun agricultor mozo que se incorpore á actividade agraria, que deberá acadar a condición de agricultor activo dentro dos 18 meses seguintes á data de instalación.

Atendendo á nota técnica nº 01 «agricultor activo e actividade agraria», publicada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, o agricultor mozo que se incorpore á actividade agraria poderá acreditar a condición de agricultor activo, como moi tarde, no segundo período impositivo seguinte ao da solicitude da axuda. Así mesmo, no caso de primeiras incorporacións en cultivos que tarden uns anos en entrar en produción, este requisito poderá ser acreditado con posterioridade.

  1. Dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico, no cal deben estar incluídos os gastos declarados para esta axuda.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 2 de maio de 2017.

 

           2. CREACIÓN DE EMPRESAS PARA OS AGRICULTORES MOZOS

Os/as agricultores/as mozos/as que desexen acceder ás axudas á incorporación de agricultores mozos á actividade agraria deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. a) Ser agricultor mozo.
  2. b) Cumprir a condición de agricultor profesional.
  3. c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de 36 meses desde a instalación.
  4. d) A explotación en que se produce a instalación debe alcanzar, cando sexa efectiva a incorporación do mozo, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual e inferior ao 120 % desta.
  5. e) Instalarse nunha explotación que alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.
  6. f) Cumprir o plan empresarial.
  7. g) Exercer o control efectivo da explotación.
  8. h) Non procederán estas axudas se o proceso de instalación está rematado antes da solicitude de axuda.

Así mesmo deberán:

  1. a) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a instalación.

b) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais

 

3. APOIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS

Requisitos dos beneficiarios

  1. a) Ser titular dunha pequena explotación agraria inscrita, con polo menos unha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
  2. b) Residir na comarca onde radique a explotación ou nunha comarca limítrofe.
  3. c) A explotación debe requirir un volume de traballo equivalente, como mínimo, á metade dunha unidade de traballo agrario imputable ao titular da explotación. Esta unidade de traballo agrario manterase durante os cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda.
  4. d) Presentar un plan empresarial que mostre a viabilidade da iniciativa e a mellora do rendemento global da explotación.
  5. e) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais.
  6. f) A explotación non pode ter sido beneficiaria por esta mesma submedida en convocatorias anteriores. Tampouco puido ter sido beneficiaria dunha axuda da medida 112 ou da medida 121 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170331/AnuncioG0426-240317-0001_gl.html