Aquelas persoas que con data de 1 de xaneiro de 2017 teñan ao seu cargo menores de tres anos (nados entre o 02/01/2014 e o 01/01/2017) e que nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF correspondente ao ano 2015, terán dereito a percibir unha prestación que consistirá nun pagamento único de 360 euros pola primeira filla ou fillo, de 1200 euros pola segunda ou segundo e de 2400 euros polo terceiro e sucesivos.
Tamén poderán beneficiarse desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2015 e o 31 de decembro de 2016.
Para máis información, accede ó enlace
Solicite información en Servizos Sociais