Coñece as bolsas da Universidade Internacional Menéndez Pelayo 2017. Prazo 17 de maio
04/05/2017
Solicitude de zona catastrófica na comarca de Verín
04/05/2017
Amosalo todo

Axudas para o fomento do asociacionismo e a participación das mulleres. Prazo 19 de maio

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG Núm. 75 do 19 de abril de 2017).

Lembramos que o 19 de maio remata o prazo para presentar a solicitude das AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN DAS MULLERES, cuxa finalidade é promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, así como remover os obstáculos que impidan ou dificultan a súa plenitude e facilitar a participación de tódolos galegos e galegas na vida política, económica, cultural e social.

Para máis información acceda á orde no seguinte enlace ou consulte na nosa sede.