Presentación do Programa na oficina transfornteriza Chaves-Verín

 

Do 4 ó 6 de Maio celebrouse na Eurocidade Chaves-Verín unha reunión internacional de persoas orixinais de Portugal, Galicia, Latvia, Estonia e Brasil con motivo da celebración da semana europea da xuventude.

Durante os tres días, tódolos participantes descubriron, analizaron e compartiron as mellores prácticas dos seus proxectos, mentres intentaron enlazar e identificar aspectos comúns entre os diferentes países e fomentar así prácticas estables de cooperación.

A Mancomunidade da Comarca de Verín tamén quixo estar presente na celebración da Semana Europea da Xuventude que se está a celebrar en 33 países e permitiu que unha das súas traballadoras, convidada pola Axencia Nacional Española, participase de xeito activo en tódalas xornadas.

O evento suscitou o interese do INJUVE (ver enlace) e da Televisión de Galicia.

Durante as xornadas, tratáronse tres temas fundamentais: a diversidade, inclusión e desemprego, o desenvolvemento sostible e a participación democrática así como elementos clave na xestión de proxectos de cooperación.

Foi un pracer ter participado nesta gran experiencia de aprendizaxe. A continuación, mostramos algunhas fotografías do evento.