Mesa comarcal contra o lume
02/10/2017
Contratación prestación servizo recaudación Mancomunidade.
08/11/2017
Amosalo todo

Medidas urxentes para a reparación de danos causados polos incendios

DECRETO 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.

Natureza das axudas
1. A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, de que poidan ser beneficiarios os afectados.
2. Non obstante, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas neste decreto concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido ou da contía ou porcentaxe deste que se fixe nas correspondentes convocatorias.
Réxime xurídico
As axudas poderanse outorgar en réxime de concesión directa por mor do interese público, social, económico e humanitario derivado das excepcionais circunstancias que concorren neste caso, e concederanse nos termos e condicións que se establezan nas súas correspondentes bases reguladoras.
Beneficiarios
1. Poderán solicitar as axudas, nos termos que se establezan neste decreto e nas convocatorias que se aproben, os seguintes beneficiarios:
a) As persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sufrisen danos que afecten tanto o inmoble como o enxoval doméstico.
b) Os titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos en que se producisen danos derivados directamente dos incendios.
c) Os titulares de explotacións forestais, agrícolas e gandeiras, polos danos e perdas derivados directamente dos incendios, así como os titulares de maquinaria afectada por incendios forestais.
d) As entidades locais, para facer fronte aos gastos derivados das actuacións levadas a cabo como consecuencia dos incendios e aos danos causados nos bens e dereitos de titularidade municipal polos incendios.
e) As asociacións, clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro polos danos nas súas instalacións derivados dos incendios.

Para ler máis preme no enlace