Subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas
28/01/2019
Pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control
01/02/2019
Amosalo todo

Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia

 

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2019.

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas de establecementos de aloxamento turístico (TU503A).

Consideraranse actuacións subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2019.

En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:

  1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de calidade turística.
  3. Actuacións destinadas á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
  4. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.
  5. Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións así como embelecemento do contorno.
  6. Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento.

Persoas beneficiarias

  1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de peme.

  1. Deberá acreditarse, por calquera título válido en dereito, a propiedade dos inmobles ou predios obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice o beneficiario para a realización do investimento subvencionado e que permita, igualmente, a explotación do establecemento durante todo o prazo de duración da obriga de manter a actividade prevista no artigo 19.b) destas bases.
  2. Deberá acreditarse unha antigüidade no exercicio da actividade no establecemento para o cal se solicita a subvención non inferior a 5 anos á data de solicitude da axuda. Para estes efectos, tomarase como data de referencia para o cálculo da antigüidade a data de inscrición no REAT. Admitiranse as modificacións de titularidade por sucesión familiar ata o 4º grao incluído de consanguinidade ou afinidade durante o dito período.
  3. Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de febreiro de 2019.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190128/AnuncioG0256-150119-0001_gl.html