Lista corrixida de admitidos para educador/ra social
09/05/2019
Axudas destinadas ao fomento da utilización de instalación e equipamentos en común en réxime asociativo
22/05/2019
Amosalo todo

AXUDAS PARA O APOIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS, PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA AGRICULTORES MOZ@S E PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

ORDE do 16 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014_2020, e se convocan para o ano 2019 (códigos de procedemento MR405A, MR404A e MR405B).

Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).

Requisitos das persoas beneficiarias

  1. Ser titular dunha explotación agraria inscrita, polo menos cunha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto para as persoas mozas que se instalen nunha explotación de nova creación, ou que se produza unha fusión entre diferentes explotacións.
  2. Os solicitantes persoas físicas deberán ter dezaoito anos cumpridos e non ter alcanzado a xubilación.
  3. Posuír a capacitación profesional suficiente no momento da solicitude, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de primeira instalación simultánea. As persoas xurídicas deberán acreditar que polo menos o 50 % dos socios posúe a capacitación suficiente.
  4. Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data de pagamento da axuda.
  5. Levar a cabo un plan que mellore o rendemento global da explotación.
  6. Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, estas deberán acreditar a súa constitución e que polo menos o 50 % dos comuneiros ou comuneiras reúne os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, e poderán resultar beneficiarias da axuda, coa condición de que cumpran as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  7. A renda unitaria de traballo, no momento de realizar a solicitude, debe ser igual ou superior ao 35 % da renda de referencia, agás que se trate dun plan de mellora dunha persoa agricultora moza que presente simultaneamente unha primeira instalación.
  8. Non ter ningún expediente desta axuda aprobado, en convocatorias anteriores (PDR 2007-2013 e PDR 2017-2020), sen presentar a súa solicitude de pagamento na data de publicación desta orde.
  9. Serán denegadas todas aquelas solicitudes nas cales a explotación non requira un volume de traballo equivalente, como mínimo, a unha unidade de traballo agrario, e non alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.

Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (procedemento MR404A).

Requisitos dos beneficiarios

  1. a) Ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos incluídos.
  2. b) Cumprir a condición de persoa agricultora profesional coa execución do plan empresarial.
  3. c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de 36 meses desde a concesión da axuda.
  4. d) A explotación en que se produce a instalación debe alcanzar, cando finalice o seu plan empresarial, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual e inferior ao 120 % desta.
  5. e) Instalarse nunha explotación que alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.
  6. f) Presentar un plan empresarial de acordo co anexo V.
  7. g) Exercer o control efectivo da explotación.
  8. h) Non ser titular dunha explotación agraria, excepto que:
  9. Sendo titular dunha explotación agraria cuxa marxe neta non supera o 20 % da renda de referencia, pase a ser titular dunha explotación prioritaria.
  10. Sendo titular dunha explotación agraria cuns niveis de dedicación de tempo de traballo e de renda unitaria de traballo inferior aos mínimos establecidos para os titulares de explotacións prioritarias, alcance esta consideración en calidade de agricultor a título principal.
  11. i) Non ter declarado rendementos económicos por actividades agrarias en estimación obxectiva ou directa. Exclúense desta consideración os rendementos económicos declarados polo persoa moza que proveñan da recollida e venda esporádica de produtos silvestres ou castañas de souto tradicional, así como a venda de madeira.
  12. j) A data de establecemento pode ser de ata 24 meses antes da solicitude da axuda, pero, en ningún caso, procederán estas axudas se o proceso de instalación está rematado antes da solicitude de axuda.
  13. Así mesmo, deberán:
  14. a) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a instalación.
  15. b) Comprometerse a ter contratado, e a manter durante todo o período de compromisos, un seguro agrario pertencente ao Plan de seguros agrarios combinados do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, excepto a liña Seguro de retirada e destrución de animais mortos na explotación.

Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

Requisitos das persoas beneficiarias

  1. a) Ser titular dunha pequena explotación agraria inscrita, con polo menos unha antigüidade dun ano desde a data de publicación da orde, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
  2. b) Residir na comarca onde radique a explotación ou nunha comarca limítrofe.
  3. c) Que o volume de traballo necesario para o mantemento da explotación sexa realizado polo titular da explotación, para o que será necesario que non realice outra actividade a tempo completo, ou que xustifique a contratación de, polo menos, a metade dunha unidade de traballo agrario. Esta cantidade de traballo agrario manterase durante os cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda, xunto co resto de compromisos que adquire o beneficiario da axuda.
  4. d) Presentar un plan empresarial que mostre a viabilidade da iniciativa.
  5. e) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.
  6. f) A explotación non pode ter sido beneficiaria por esta mesma submedida en convocatorias anteriores.

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de xuño de 2019.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR405B

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR404A

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR405A

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190520/AnuncioG0426-140519-0004_gl.html